Extraescolares 2026/27 da ANPA Doutor Fleming

Xa está dispoñible a información das actividades extraescolares para o curso 2026/27.

Na páxina de Extraescolares podedes consultar a oferta prevista, os días e horarios, as empresas responsables, os prezos e a información necesaria para organizar o novo curso.

Consulta as Extraescolares 2026/27

Toda a información está reunida nunha única páxina para que poidades consultar facilmente as distintas opcións.

Ver toda a información

Inscrición e pagamentos

A inscrición e xestión das actividades realizarase a través de Ábaco. Os pagamentos das actividades faranse directamente á empresa responsable segundo as condicións establecidas en cada caso.

Cada empresa informará ás familias sobre a forma e os prazos de pagamento, así como sobre posibles matrículas, material, seguros ou outros requisitos asociados á actividade.

🏊 Natación / Piscina do Carme

A actividade de natación ten un procedemento propio e xestión independente das demais extraescolares. Podedes consultar toda a información na páxina de Natación .

Scroll ao inicio