
Querida Comunidade Escolar:
Aínda coa emoción a flor de pel e un sorriso enorme, queremos botar a vista atrás para lembrar a extraordinaria xornada de convivencia e deporte que vivimos onte coa celebración do noso I Cross Escolar do Fleming. Foi un día máxico no que o sol, as gañas de pasalo ben e o espírito colaborativo foron os verdadeiros protagonistas.
Este evento foi o reflexo perfecto do que somos capaces de lograr cando nos unimos. Por iso, desde a ANPA, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as pezas que fixeron posible esta engrenaxe:
- Aos organizadores e colaboradores: Polas horas de traballo desinteresado, a planificación, a montaxe e por coidar cada detalle para que todo saíse á perfección. O voso esforzo impagáble é o motor de todo isto.
- Ao equipo directivo e ao profesorado: Pola vosa total disposición, apoio institucional e por contaxiar sempre esa ilusión que fai que a Escola vaia máis alá das aulas.
- Ás familias: Grazas por responder á chamada, por encher as rúas de aplausos, pola vosa alegría e por facer que o ambente fose inmellorable. A vosa presenza é o que dá sentido a estas iniciativas.
O maior dos aplausos: para as nosas crianzas 🏃♂️🏃♀️
Mención especial merecen todas as nenas e nenos que participaron. Déronnos unha auténtica lección de compañeirismo, ilusión e superación. ¡Menudo esforzo e que exemplo nos destes a todos! Cruzar a meta era o de menos; o verdadeiramente importante foi veros gozar, correr cun sorriso e apoiarvos os uns aos outros. ¡Sodes un orgullo!
Facendo barrio, tecendo comunidade
Máis alá das medallas e as carreiras, o que vivimos foi un clarísimo exemplo do que significa facer barrio. Conseguimos que o noso entorno se enchese de vida, que as veciñas e veciños compartisen un espazo común e que a Escola fose, máis ca nunca, o corazón da nosa comunidade.
Vendo o éxito de asistencia, as caras de felicidade dos peques e o ambente tan san que se respirou, quédanos unha cousa clarísima: ¡isto ten que repetirse! Poñemos xa o contador a cero e gardamos toda esta enerxía positiva para empezar a pensar na próxima edición.
¡Grazas a todas e todos por formar parte deste día inesquecible!
Xunta Directiva da ANPA






