SAÍDA EN FAMILIA Ó PARQUE DE ARQUEOLOXÍA E ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

Dende o ANPA convidámosvos a gozar dunha xornada moi especial en familia o vindeiro Sábado 25 de abril no Parque Arqueolóxico e de Arte Rupestre de Campo Lameiro.

A actividade comezará ás 11:00 h, momento no que nos atoparemos directamente nas instalacións do parque. A continuación, participaremos nunha visita guiada para descubrir este contorno único, así como desfrutaremos de dous obradoiros didácticos, un en horario de mañá e outro pola tarde, pensados para todas as idades.

Ao mediodía, compartiremos un pequeno ágape entre todas as persoas asistentes, fomentando así un espazo de convivencia e desfrute en grupo.

🔸 Información importante:

  • É imprescindible cubrir o formulario de inscrición para poder participar, basta con ler o código QR que te levará directamente o formulario, ou ben: https://forms.gle/v9yD1XQoRi1iANaV6
  • A actividade ten un custo de 5 € por familia.
  • O pagamento realizarase mediante ingreso na conta do ANPA, unha vez se confirme a reserva de praza (enviaráse un mail confirmando a reserva de praza, ó que se contestará enviando xustificante de ingreso. En concepto poráse : CAMPO LAMEIRO + FAMILIA APELIDO APELIDO. (EX: CAMPO LAMEIRO+ FAMILIA PEREZ AGULLA).

Esta experiencia pódese desfrutar grazas á subvención de + CONVIVENCIA da Deputación de Pontevedra.

Animámosvos a participar nesta experiencia cultural e de lecer en familia!

Achegamos enlaces con información sobre o PAAR e coa situación:

https://www.paar.es/?lang=es

https://maps.google.com/maps?ll=42.541892,-8.530389&z=8&t=m&hl=es-ES&gl=US&mapclient=embed&cid=12977631885011617215

Scroll ao inicio