RECOLLIDA DE SINATURAS – INCLUSIÓN REAL XA!

Desde FOANPAS presentouse no Parlamento de Galicia a Proposición Non de Lei (PNL) “Inclusión Real Xa!”, que busca garantir unha educación verdadeiramente inclusiva, na que todos os nenos e nenas poidan aprender xuntos, cos apoios necesarios, evitando a segregación e garantindo que ninguén quede excluído.

Con este obxectivo, entre outras medidas, a iniciativa propón que:

  • Todo o alumnado estea en aulas ordinarias, cos apoios necesarios, evitando a separación en “aulas inclusivas” ou grupos segregados.
  • As avaliacións psicopedagóxicas sirvan para planificar apoios individualizados, non para separar alumnos.
  • Os centros dispoñan dos recursos e orzamentos necesarios para ofrecer apoios, accesibilidade, materiais adaptados e atención educativa personalizada.
  • Se garanta a participación de todos os alumnos na vida escolar, incluíndo actividades, recreos e convivencias.
  • Se proporcione formación para o profesorado en educación inclusiva e atención á diversidade.

Para apoiar a PNL e que se debata no Parlamento, é necesario presentar sinaturas de persoas maiores de 18 anos censadas en Galicia.

Podedes colaborar asinando a proposición no local da ANPA:

Os luns de 16:00 a 17:00 h.

Grazas a todos pola vosa implicación!

Scroll ao inicio