Xuño 16, 2026

Como todos sabedes, os arredores do centro presentan un estado de deterioro considerable desde hai tempo.

As beirarrúas e o firme atópanse en mal estado, os pasos de peóns están deteriorados e mal sinalizados, as zonas verdes non se podan e, cando chove os camiños quedan embarrados.

Ademais de incomodidade e mala imaxe, este abandono pon en risco a seguridade de menores e adultos no acceso ao centro.

Ante esta situación, o Consello Escolar, tras a súa reunión do 7 de outubro, decidiu presentar unha queixa ante o Concello de Vigo solicitando que se tomasen medidas inmediatas.

Para que esta reclamación teña máis forza, necesitamos a vosa colaboración.

Pedímosvos que presentedes unha queixa individual ao Concello.

Podedes facelo a través de:

Sede Electrónica do Concello de Vigo → Queixas e suxestións:

https://sede.vigo.org/expedientes//formularios/queixas_suxestions.jsp?lang=gal

(non é necesario certificado dixital)

No documento que aparece a continuación, tedes un texto tipo que podedes empregar.