Xullo 11, 2026

Fainos moitísima ilusión anunciarvos que asinamos un acordo de colaboración con A Klandestina , unha das librarías de referencia do noso barrio. A partir de agora, grazas a este convenio, todas as familias asociadas poderedes gozar de vantaxes exclusivas nas vosas compras e nas súas actividades.

📚 5% de desconto en libros de texto.

📖 5% de desconto en libros de lectura.

✏️ 20% de desconto en material escolar (promoción válida desde o 1 de xullo ata o 18 de outubro).

🎨 2€ de desconto en todos os obradoiros que organicen na libraría.

Dende o ANPA queremos agradecer enormemente a A Klandestina a súa disposición e apoio á nosa comunidade escolar. Con este tipo de acordos, non só axudamos ao peto das familias en momentos clave como a volta ao cole, senón que tamén fomentamos a lectura, a creatividade nos seus obradoiros e apoiamos ao comercio de proximidade.

Deixamos o seu enderezo e enlace a súa páxina web para máis información:

Enderezo: Rúa José Gómez Posada-Curros, 10

Web oficial: libreriaklandestina.es