Todo o que necesitas saber para empezar
Chegar a un novo centro supón coñecer espazos, horarios, servizos e formas de organización. Nesta páxina reunimos a información básica para que as novas familias poidades orientarvos desde o primeiro día.
Unha comunidade de familias
A ANPA Doutor Fleming é a asociación de nais e pais do alumnado do centro. Traballamos para apoiar as familias, colaborar coa comunidade educativa e organizar servizos, actividades e iniciativas que complementan a vida escolar.
Formar parte da ANPA permite participar, propoñer melloras e contribuír ao desenvolvemento de proxectos para todo o alumnado.
Que facemos?
Os primeiros pasos
Catro accións sinxelas para coñecer o centro, acceder aos servizos e manterte informada desde o comezo.
Coñece o centro
Consulta os accesos, horarios e canles oficiais de comunicación do colexio.
Enlaces de intereseFaite socia/o
A cota é de 25 € por familia e curso. As altas e renovacións realízanse mediante Ábaco.
Información para asociarseConfigura Ábaco
Busca a asociación co nome exacto ANPA CEP DR.FLEMING.
Como funciona ÁbacoConsulta os servizos
Revisa a Aula Matinal, as actividades extraescolares e outras propostas organizadas pola ANPA.
Ver todos os servizosÁbaco: a plataforma de xestión
A web da ANPA serve para informar e orientar. As inscricións e xestións administrativas realízanse en Ábaco.
- Dar de alta ou renovar a inscrición da familia.
- Inscribir o alumnado en servizos e actividades.
- Consultar recibos e pagamentos.
- Actualizar os datos familiares.
- Recibir información relacionada coas inscricións.
A validación dalgúns pagamentos pode realizarse de maneira manual unha vez comprobado o ingreso.
Non é necesario achegar un xustificante salvo que a ANPA o solicite expresamente.
Servizos que poden interesarche
Consulta as opcións dispoñibles para facilitar a organización familiar e complementar a xornada escolar.
Aula Matinal
Servizo xestionado por Fervellos, de 8:00 a 9:00, con entrada flexible dentro desa franxa e acceso pola porta principal.
Ver Aula MatinalActividades extraescolares
Propostas para complementar a xornada escolar. A oferta, os horarios, as prazas e os prazos publícanse cada curso.
Ver ExtraescolaresTodos os servizos
Accede ao espazo no que reunimos os servizos, actividades e propostas impulsadas ou coordinadas pola ANPA.
Explorar servizosA ANPA tamén se constrúe coas familias
Ademais de facerte socia ou socio, podes participar nas actividades, colaborar puntualmente, facer propostas ou axudar na organización de festas, proxectos e iniciativas. Non é necesario dispoñer de moito tempo: toda colaboración conta.
Información práctica
Correo electrónico
Teléfono
604 065 020
Horario de mañá.
Atención presencial
Luns, de 16:00 a 17:00.
Local da ANPA.
Enderezo
Rúa Ourense, 15
36211 Vigo
Preguntas frecuentes
É obrigatorio asociarse á ANPA?
Non. A participación é voluntaria, pero as cotas permiten manter servizos, actividades e proxectos para a comunidade educativa.
A cota págase por cada alumno ou alumna?
Non. A cota é de 25 € por familia e curso, independentemente do número de fillos ou fillas escolarizados no centro.
Onde se realizan as inscricións?
As altas, renovacións e inscricións nos servizos e actividades xestiónanse mediante Ábaco.
Como atopo a ANPA en Ábaco?
Debes buscar exactamente: ANPA CEP DR.FLEMING.
Podo contactar coa ANPA se teño dúbidas?
Si. Podes escribir a fleming.anpa@gmail.com , chamar ao 604 065 020 en horario de mañá ou acudir ao local da ANPA os luns de 16:00 a 17:00.
Onde se publican as novidades?
As novidades, avisos e información de interese publícanse nesta web e nas canles habituais da asociación.
Benvida á comunidade Fleming
Esperamos que esta guía che axude nos primeiros pasos. A ANPA está para acompañar, informar e construír comunidade xunto coas familias.
