Xuño 15, 2026

A vindeira semana, o martes 16 e o mércores 17 de decembro, os sindicatos maioritarios teñen convocada unha folga de profesorado, así como diversas accións de protesta.

O obxectivo é visibilizar:

  • Os recortes de profesorado
  • O elevado número de alumnado con necesidades educativas sen atender
  • A redución de servizos
  • A perda de calidade no ensino público

O martes, 16 de decembro, están previstas marchas fúnebres por toda Galicia nas que se colocarán crespóns negros e se portarán candeas e outra simboloxía mortuoria.

En Vigo, haberá dúas marchas fúnebres ás 10:00 horas:

  • O noso centro, o CEP Dr. Fleming, foi escollido como punto de partida dunha das marchas, que rematará no IES do Castro.
  • A outra marcha, transcorrerá entre o IES San Tomé e o IES Santa Irene.

Ese mesmo día haberá unha manifestación en Vigo ás 12:00 horas, con saída desde Vía Norte (Vialia), e o mércores está convocada outra manifestación en Compostela, con saída ás 11:30 horas desde o Parlamento de Galicia.

Como podemos participar as familias?

  • Enviando ao alumnado vestido de negro
  • Asistindo ás accións de protesta