
Desde o luns 10 de agosto estará aberto o prazo de inscrición para o servizo de Madrugadores do curso 2026/27. A inscrición realizarase a través de Ábaco.
Horario 8:00–8:50 h
Inscrición Desde o 10 de agosto
Xestión A través de Ábaco
Chegada flexible pola mañá
As familias poden deixar aos nenos e nenas de maneira flexible en calquera momento entre as 8:00 e as 8:50 h.
Sempre que sexa posible, agradecemos que indiquedes un horario aproximado de chegada, xa que isto facilita a organización diaria do servizo.
Como acceder ao servizo?
Ao chegar ao centro, hai que tocar no timbre que indica “ANPA/Matinal” da porta principal.
Unha monitora sairá a recoller aos nenos e nenas para incorporalos ao servizo de Madrugadores.
Inscrición a través de Ábaco
O servizo estará dispoñible na aplicación Ábaco a partir do luns 10 de agosto.
📱 Inscrición en Ábaco Importante: o servizo de Madrugadores remata ás 8:50 h,
antes do inicio da xornada lectiva.
