Xaneiro 19, 2025

A partires do 1 do mes de Outubro, comezan os cursos de natación dun só día á semana na PISCINA MUNICIPAL DAS TRAVESAS. CADA ALUMN@ SÓ PODE ESTAR INSCRITO NUN CURSO.

Esta actividade é cuadrimestral e ten un custo de 32,20€/cuadrimestre(Outubro-Novembro-Decembro- Xaneiro).

A continuación indicamos as instruccións para as modalidades de RENOVACIÓN ou ALTA:

RENOVACIÓN

  • Prazo de presentación de solicitudes: 16 e 17 de Setembro.
  • Aplica só para os que tiñades praza no segundo cuadrimestre do curso pasado. IMPORTANTE: Isto aplica para continuar no mesmo día e hora no que estabades inscritos o ano pasado.
  • Para realizar a Renovación cumplimentar o seguinte formulario. (O formulario admitirá respostas só os días indicados)

NOVAS ALTAS

  • Realizarase unha preinscripción do alumno. Esta preinscripción non implica ter praza para a actividad.
  • Prazo de presentación de solicitudes de preinscripción: 16 e 17 de Setembro.
  • Pasado o prazo de preinscripción e xa sabendo as prazas que hay dispoñibles asignaranse as prazas en base ao orde de chegada das preinscripcións e por orde de chegada. Neste punto dende a ANPA avisaremosvos da asignación da praza para a formalización da mesma.
  • Para formalizar a preinscripción cumplimentar o seguinte formulario.(O formulario admitirá respostas só os días indicados)

Recorda que para acceder a esta e a outras actividades que organiza a ANPA é imprescindible ser socio. Se aínda non o eres podes facerte no seguinte enlace.

Se tedes dúbidas escribídenos ao enderezo electrónico: extraescolares.fleming@gmail.com