Hoxe comezan as actividades extraescolares.
O método de pago de cada actividade indicarao o monitor ao comezo da mesma.
A continuación recordatorio da asignación dos días:
- Baloncesto – luns, mércores
- Fútbol – martes, xoves
- Béisbol – venres
- Baile Galego – martes, xoves
- Judo – mércores
- Acrobática – venres
- Inglés 1º (Ensíname) – luns, mércores
- Inglés 2º (Ensíname) – luns, mércores
- Inglés 3º y 4º (Ensíname) – martes, xoves
- Francés – luns
- Pintura Mukina – martes, xoves
- Cómic – xoves
- Pintura Termes – luns, mércores, venres
- Patinaxe – martes, xoves
- Teatro – xoves
- Robótica (Educaocio) – martes
- Robótica (Educaocio) – venres
- Skate – luns
- Atletismo – venres
- Robótica e Programación (PlayCode Academy) – luns
- Deberes – luns, martes, mércores, xoves
Todas as actividades se realizan no centro.
ENTRADA. Para o alumnado que non vai a comedor realizará o acceso pola porta metálica exterior da rúa Ourense que está pechada, pero que se abrirá un chisco antes da 16:00.
SAÍDA. Para o alumnado con actividades no interior do colexio ou patio anexo, o monitor da actividade fara a entrega na porta metálica exterior da rúa Ourense. O alumnado que realiza a actividade no patio exterior (baloncesto, fútbol, béisbol) será entregado no portalón verde de acceso.
Tódolos meses se habilitará un formulario para baixas (do 15 ao 19 do mes en curso) e un formulario de altas (do 20 ao 25) nas actividades con prazas libres. É importante cursar as baixas a través do formulario para liberar as prazas e que estas se poidan ofertar despois no formulario de altas.
Atendemos as vosas dúbidas no enderezo electrónico das extraescolares: extraescolares.fleming@gmail.com
