
Dende a ANPA do Fleming, queremos informar que o servizo de aula matinal estará á vosa disposición a partir do Martes, 9 de Setembro, no horario habitual, de 8:00H a 9:00H. Lembrade que é necesario ser socio para poder utilizar este servizo. O prezo por crianza, será de 27€/mes ou 4€/ dias soltos. Os irmáns teñen un 10% de desconto. Para facilitar a inscrición o día que deixedes as crianzas as monitoras collerán os datos necesarios e facilitarán o resto da información.
Lembrade que podedes contactar con nós, a través do correo electrónico matinal.anpa.fleming@gmail.com ou no teléfono 604065020 ( só polas mañáns).
Moitas grazas


