Xaneiro 19, 2025

A continuación publicamos o cadro de extraescolares con horarios e os prezos das actividades para este curso:


Recordamosvos que son os monitores de cada actividade os que vos informarán da forma de pago.

As actividades comezarán o día 1 de outubro sempre que se forme grupo. De non formarse notificarase ás familias adscritas o antes posible.

Para calquera dúbida relacionada con extraescolares atenderemosvos na maior brevedade posible nas seguintes canles de comunicación:

  • Enderezo electrónico: extraescolares.fleming@gmail.com.
  • Whatsapp 604065020

Como novidade este ano, habilitaremos un formulario web para que poidades anotarvos nas actividades que vos interesen. Salvo imprevisto publicaremos o formulario nesta web o vindeiro día 16 e estará aberto ata o día 20 ambos incluídos. Tamén avisaremos por Telegram e Whatsapp.

AVISO. – Para a actividade de baloncesto realizaráse a preinscrición no formulario web, pero para formalizar finalmente a praza haberá que entregar de forma presencial a inscripción cumprimentada no concello así como o xustificante de pago na conta da ANPA polo importe da actividade. Para os preinscritos no formulario web notificaremoslle dende a ANPA cando e como se poderá recoller/entregar o impreso e xustificante.

Recordade que, para beneficiarse das actividades organizadas pola ANPA é imprescindible ser socio da ANPA. Se aínda non o eres aquí vos deixamos as instrucións: https://anpadoutorfleming.org/comezo-do-curso/

2 thoughts on “INFORMACIÓN IMPORTANTE EXTRAESCOLARES

Comments are closed.