Dende a ANPA queremos informar a todas as familias que este mes de Novembro, en colaboración co colexio, impartirase un ciclo de charlas as nosas crianzas, onde se traballarán valores e aspectos relacionados coa igualdade, o respeto, a inclusión, todo elo da man de Miguel Anxo Alonso Diz, reputado docente, escritor, divulgador e contador de historias, que dun xeito ameno e divertido involucrará ós rapaces con estes conceptos tan axeitados para o seu desenrolo madurativo.
Os obradoiros transcorrerán en horario lectivo, salvo un que faremos para as familias, EDUCAR EN REDE, que será o Xoves 27 de Novembro ás 16:30 h na aula multiusos. Pregamos nos enviedes un mail a fleming.anpa@gmail.com confirmando a vosa asistencia.
Comentar que todo este ciclo dase ó abeiro da subvención otorgada polo Ministerio de Igualdade do goberno de España e a Consellería de Politica Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

