Maio 15, 2026

FLEMING CROSS 2026

Dende o ANPA Fleming e xunto coa axuda duns/dunhas pais/nais moi implicad@s no colexio estamos organizando a Primeira edición do Fleming Cross 2026.

Este cross pertence á liga de Crosses do Concello de Vigo que nos axuda na organización.

Para os que non coñecedes esta iniciativa gustarianos primeiro respostar a varias preguntas que cremos que vos aclararán o que estamos a facer:

  • ¿En qué consiste un Cross Escolar?: Pois é unha iniciativa que consiste en organizar unhas carreiras de atletismo para diferentes categorías na que os pequenos poden desfrutar dun día rodeado de compañeiros facendo deporte dunha forma sana e agradable.
  • ¿Pode participar calquera neno de calquera cole? : A resposta é sí. Tan só ten que cumplimentar a inscrición gratuíta no seguinte enderezo: https://www.xovenesatletasvigo.org/ . Unha vez inscrito debedes recoller o dorsal do neno e acudir á saida da carreira no horario que vos toque por categoría. Avisaremos cando se abran as inscripcións.
  • ¿Cándo se celebra o Primeiro Fleming Cross 2026? : Será o vindeiro Domingo 7 de Xuño de 2026 pola mañán.
  • ¿Ónde será o Cross?: Realizarémolo na contorna do cole dence a rua Hispanidade baixando por Pintor Colmeiro e continuando por Camiño Regueiro para rematar ás portas do Fleming.

Esperamos que poidades apuntarvos e desfrutar xunto cos vos@s nen@s dunha mañán en familia na contorna do noso cole.

Para calquera dúbida podedes escribirnos ao enderezo flemingcross@anpadoutorfleming.org ou ao enderezo do anpa: fleming.anpa@gmail.com .

Imos a precisar axuda xa que como imaxinaredes hay moitas tarefas que facer nese día. Abriremos próximamente un formulario para que os pais que poidades vos apuntedes como voluntarios para axudarnos na organización do cross.

Próximamente publicaremos o regulamento onde estarán as diferentes categorías, percorridos e horarios das carreiras.

Gustaríanos agradecer ás seguintes empresas que nos están axudando na organización. Moitas grazas, sen vós isto non sería posible.