
Este venres, 8 de maio, a ANPA organiza un serán para celebrar o Día das Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño.
A festa desenvolverase entre as 16:30 h e as 19:30 h.
Durante a tarde haberá contacontos, xogos tradicionais, música en directo e a actuación estelar do alumnado da actividade extraescolar de baile tradicional.
Ademais, as familias asociadas estarán convidadas a unha merenda.
Animádevos a celebrar connosco a cultura galega!


