
Dende a ANPA do CEP DR. FLEMING e, en colaboración con FOANPAS, organizamos unha escola de familias para abordar un tema sempre tabú e que moitas veces non sabemnos como abordar ó falar coas nosas crianzas.
EDUCACIÓN SEXUAL (orientado a FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA)
Cando:
XOVES 30 DE ABRIL 2026
XOVES 7 DE MAIO 2026
XOVES 14 DE MAIO 2026
XOVES 21 DE MAIO 2026
XOVES 28 DE MAIO 2026
* A inscrición pode facerse a todas as sesións ou de maneira individual nalgunha delas.
Hora: 17:00 h / 18:30 h
Onde: CEP FLEMING (Rúa Orense, 15, Vigo)
“Se non fala con nós, onde aprende a/o nosa/o filla/o sobre sexualidade? É a influencia do cine educación? Que ensina a pornografía? O control é amor?”. Crearemos un espazo de encontro para familias onde compartir e analizar as ideas e experiencias acerca da educación sexual, así como as mensaxes que transmitimos ás nosas crianzas acerca da afectividade, o amor e a sexualidade.
Será impartido por Con Mucho Gusto! Centro de Sexoloxía.
Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12



