
A ANPA ten o pracer de anunciar un acordo de colaboración co Quiosco Sequeiros, situado en Camelias 103, no noso barrio.
Grazas a este acordo, as familias socias da ANPA poderán gozar dun 5% de desconto na compra de material escolar, libros e xoguetes.
É unha boa oportunidade para apoiar o comercio de proximidade ao tempo que as nosas familias se benefician dun pequeno desconto.
Para aproveitar este desconto, só será necesario identificarse como familia socia da ANPA no establecemento.
Agradecemos ao Quiosco Sequeiros a súa colaboración coa nosa comunidade educativa e o seu apoio ás familias do barrio.


