Maio 16, 2025

INFORMACIÓN

A xornada de Convivencia da ANPA do CEP Doutor Fleming de Vigo este ano celébrase o domingo, 25 de maio, participando nunha aventura polos montes de Saiáns de Vigo, centro de divulgación ambiental e de ocio.

🗓️ Data: domingo, 25 de maio.
⏱️ Duración: Día completo: 10:30 a 18:00h
🧭Lugar: Coordenadas:https://maps.app.goo.gl/Ub6HAoBBLk2kkJJ17
Para participar debedes cumplimentar este formulario: https://forms.gle/B9cgAroSdxG3QU8F8

Apertura do Prazo de inscrición: do 01 ao 10 de maio de 2025
▶️ Actividades:

  • Paseo en Familia para descuberta do Bosque
  • Visita ao Muiño (para grupos de 2° e/ou 3° Ciclo EP, a partir de 3º curso). As crianzas de cursos inferiores ou aos que non lles apeteza terán tempo de xogo libre.
  • Estacións experimentación e xogo libre en Familia
  • Obradoiros: Moldes de pegadas de animais en arxila + Taller Bricolaxe

✳️ Recomendacións de Alados:

  • Traede roupa e calzado apropiado para andar polo monte
  • No Merendeiro temos diversas fontes con auga potable e baños
  • Traede unha mochiliña para poder levar a merenda.

📝 NOTAS ACLARATORIAS:

  • Non é preciso acudir á xornada completa, pódese incorporar á xornada en función das necesidades de cada família.
  • ANPA do CEP Doutor Fleming de Vigo sufraga a actividade con monitores de Alados e unha pequena merenda para os nenos/as participantes a través do programa programa “+Convivencia” da Deputación de Pontevedra.
  • As crianzas deberán ir acompañados de un ou dous adultos.
  • Número máximo: 70 Participantes en total (Adultos e menores). Adxudicación de prazas por orde de inscrición.
    O traslado a Saiáns e a comida debe ser por conta de cada familia.