
Comeza un novo curso e abrimos as inscripcións para facerse socio do ANPA. Como ben sabedes a meirande parte do noso presuposto sae das cotas que os socios achegan cada ano. É por iso que vos animamos a que vos asociedes para que ademáis de poder desfrutar dos servizos que proporcionamos, poidamos facer actividades para a comunidade educativa das que se benefician os nosos cativos.
Entre outras actividades organizamos:
- Aula matinal.
- Extraescolares.
- Festas ao longo do curso.
- Charlas.
- Talleres.
Tede en conta que para desfrutar das Extraescolares e de Aula matinal é imprescindible ser asociado. Pronto facilitaremos enlace para solicitar estas duas actividades. As inscripcións faranse por orde atendendo ao momento da solicitude.
Este ano mantemos o mesmo método para as novas altas, o método é sinxelo e rápido. Símplemente debedes rexistrarvos na web a través do seguinte formulario: https://anpadoutorfleming.org/register/
Para os que xa estabades asociados o ano pasado e non cambiaron os vosos datos, con que nos enviedes un correo electrónico ao correo do anpa fleming.anpa@gmail.com indicando no asunto: “RENOVACIÓN DE ASOCIADO NOME: <NOME DO ASOCIADO>” e no corpo adxuntando o xustificante de pago da cota do ANPA.
A continuación mostramos as instruccións de pago así como as instruccións para os novos asociados:

Grazas por colaborar


