Maio 15, 2026

Dado o éxito que tivo a anterior actividade de Cine, queremos repetir.

ANPA do CEP DR. Fleming organiza unha entrañable Mañá de Cine en Familia o vindeiro 11 de Abril ás 11:30 horas, unha actividade pensada para gozar xuntos dunha experiencia divertida fóra do ámbito escolar.

A proxección terá lugar nos Cines Tamberlick, situados na Praza Elíptica, un espazo cómodo e céntrico que permitirá ás familias compartir unha mañá diferente na gran pantalla.

Poderán asistir todos os membros das familias do alumnado do CEP DR. Fleming, convertendo esta cita nunha excelente oportunidade para reforzar a convivencia, fomentar a participación e seguir construíndo comunidade educativa tamén fóra da aula.

Desde a ANPA animamos a todas as familias a sumarse a esta iniciativa e a desfrutar xuntas dunha mañá de cine, risas e bos momentos.

O cine pecha unha sala só para nós polo que temos que ser mínimo 50 persoas, para elo o custe da entrada redúcese a 5€ por asistente, e gozamos dun prezo especial dun pack de palomitas + bebida, que só se pode abonar alí.

Para anotarse e facilitarnos a coordinación, só tedes que enviar un mail a fleming.anpa@gmail.com e enviar o xustificante de pago das entradas, poñendo no asunto do mail: CINE FAMILIA (APELIDOS)+ (NºASISTENTES), por ex. CINE FAMILIA PEREZ LOPEZ + 4. Recordade que a conta da ANPA é:

ES87 0049 1043 5829 1010 5907 (ASOC. DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS-AS DOUTOR FLEMING)

Agardámosvos!!!