Xullo 11, 2026

O fin de Curso xa está aquí, quedan poucos días e ainda que nos da algo de pena, compre celebralo por todo o alto. Despois dun ano de esforzo e aprendizaxe chegou o momento de despedir as clases como se merece: xuntos e pasando unha tarde agradable.

Desde a Xunta Directiva do ANPA queremos convidar a todas as familias, alumnos e profesores á nosa tradicional Festa de Fin de Curso.

Data: Xoves 18 de Xuño

Hora: A partir das 16:30 H

Lugar: Patio 3. (patio exterior)

Estamos preparando unha xornada chea de diversión para todas as idades. Entre outras sorpresas, contaremos con:

🎶 Música con DJ e animación para non parar de bailar.

🏰 Inchables e xogos para os máis pequenos (e os non tan pequenos!) e tamén haberá pistolas de auga á venta.

🍕 Comida e bebida: Haberá postos de comida e bebida para axudar a sufragar a Excursión de Fin de Curso do alumnado de 6º do vindeiro Curso.

Información importante para as familias

  • Acceso: A entrada é totalmente libre e de balde para todas as familias do centro. As crianzas teñen que vir acompañadas por un adulto responsable.

Non hai mellor forma de pechar este ano escolar que compartindo unha tarde de risas e comunidade. Agardámosvos a todos cos brazos abertos e moitas ganas de gozar! ¡Non faltedes, que a festa facémola entre tod@s!

A Xunta Directiva do ANPA