
Estamos de noraboa! Este domingo 10 de maio, o noso colexio proclamouse campión da Liga Escolar de Natación. Foi unha xornada vibrante, chea de emoción e, sobre todo, dun espírito de equipo que nos fixo brillar en cada proba.
Un éxito compartido
Este trofeo é o resultado do esforzo de moita xente e queremos dar as grazas de todo corazón a quen o fixo posible:
- Aos nosos nadadores e nadadoras: Pola vosa enerxía, pola vosa ilusión e por representar tan ben ao noso cole. Sodes uns campións!
- Ás familias: Por acompañarnos nas tres xornadas, animando desde a grada e fomentando os valores do deporte.
- Mención especial ás nais organizadoras: Queremos agradecer infinitamente o traballo das nais que se encargan da loxística. Grazas por estar ao pé do canón, organizando cada quenda e, sobre todo, por coidar e acompañar ás crianzas durante toda a competición. O voso tempo e a vosa dedicación son fundamentais para que todo saia perfecto.
“O deporte únenos, pero o compromiso da nosa comunidade fainos campións.”
Parabéns a todos e todas! Toca desfrutar deste merecido triunfo e seguir mergullándose con tantas gañas.
ANPA do CEP Dr. Fleming.



