
Dende o ANPA do CEP DR. FLEMING convidámosvos a participar nunha charla baixo o título “Criar nas sociedades das pantallas”, un espazo de reflexión e diálogo pensado para as familias de hoxe, da man dunha experta en adiccións, como é a Psicóloga Diana Miranda Abal.
Vivimos nun contexto no que móbiles, tabletas, videoxogos e redes sociais forman parte do día a día da infancia e adolescencia das nosas crianzas. As pantallas poden ser unha ferramenta útil, pero tamén supoñen retos importantes na educación e no seu acompañamento.
Nesta sesión intentaráse abordar cuestións como:
- O impacto das pantallas no desenvolvemento emocional e social.
- Como establecer límites saudables na casa.
- Estratexias para acompañar o uso da tecnoloxía dende o respecto e a comunicación.
- Recursos prácticos para o día a día familiar.
Será unha oportunidade para compartir dúbidas, inquedanzas e experiencias, e para levar ferramentas que nos axuden a educar con criterio e seguridade nesta realidade dixital.
📅 Data: MARTES 3 DE MARZO
🕒 Hora: 16:30 / 18:30
📍 Lugar: AULA USOS MÚLTIPLES DO COLEXIO DR. FLEMING
Animámosvos a participar e a facer desta charla un punto de encontro para medrar xuntas e xuntos como comunidade educativa.
Agardámosvos!
Esta actividade forma parte do proxecto ENAPAS,Formación para as Familias.
Colabora : CFR de Vigo V2503002


