Xullo 11, 2026

Estimadas familias,

Dende a ANPA do C.E.P. Doutor Fleming de Vigo, en colaboración cun grupo de familias, estamos a organizar con gran ilusión o “I Fleming Cross”, unha carreira escolar que se celebrará o 7 de Xuño, polas inmediacións do recinto escolar.

Este evento se enmarca dentro do circuíto MiniCross Vigo, a liga de Crosses Escolares organizada pola agrupación deportiva Xóvenes Atletas, coa colaboración do Concello de Vigo.

No Fleming-Cross, ademais do alumnado do noso centro pode tamén participar alumnado e familias doutros centros escolares. Agardamos contar dun xeito especial coa participación de alumnado dos centros adscritos como son a EEI Vila Laura e o IES O Castro.

Do mesmo xeito, contaremos con categorías de Nais, Pais e Profesorado. 

Podedes realizar as inscricións na web www.xovenesatletasvigo.org ou a través do seguinte código QR:

Animádevos a participar, tanto alumnado como familias e profes!!

Por outra banda, queríamos compartir con todas e todos vós que, a celebración deste evento supón un grande esforzo organizativo previo, que asumimos con cariño e ilusión, pero tamén coa confianza de que imos contar co voso apoio o propio día da celebración. Precisamos contar cun grupo de personas en tarefas de apoio, tales como control de cruces ou de entradas e saídas de garaxes, control de voltas, entrega de avituallamento, e algunhas outras.  

Por ese motivo vos compartimos o seguinte enlace para que todas as persoas que esteades dispostas a colaborar ese día en tarefas sinxelas (pero moi necesarias) poidades deixar os vosos datos de contacto. En próximos días contactaremos con vós para explicarvos cales serían concretamente as funcións de cada quen. 

Colabora con nós deixando os teus datos aquí: https://forms.gle/E34PjjvXACU39z7x9 

Para calquera dúbida podedes escribirnos ao enderezo flemingcross@anpadoutorfleming.org ou ao enderezo do anpa: fleming.anpa@gmail.com .

Ante todo, moitísimas grazas polo voso apoio e colaboración. Xuntos/as facemos un cole mellor!

Con toda a nosa ilusión, o equipo organizador do “I Fleming Cross” e a ANPA do C.E.P. Doutor Fleming.