Xullo 11, 2026

Estimadas familias:

Informámosvos de que a dirección do colexio presentou unha queixa formal ante o Concello debido a un incidente recente no que se produciu a caída de cascotes nunha das zonas do patio habitualmente frecuentada polos nosos fillos e fillas.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, pero consideramos que se trata dun risco para a seguridade da comunidade educativa que non se pode pasar por alto.

Non se trata dun caso aillado, pois en Xaneiro xa se enviou queixa polo mesmo e viñeron uns técnicos a facer unha valoración, sen voltar a ter noticias ó respecto.

A nosa postura como ANPA

Desde a xunta directiva da ANPA sumámonos de inmediato á queixa do centro. Non podemos tolerar que a falta de mantemento das instalacións ou do contorno poña en perigo os nenos e nenas.

Por iso, enviamos un escrito ao Concello no que esiximos unha acción inmediata:

  • Inspección técnica urxente da zona afectada para avaliar o estado real da estrutura.
  • Saneado e reparación inmediata do elemento/s que orixinou a caída de materiais.

A Dirección do colexio xa acordonou e restrinxiu o acceso á zona afectada de forma preventiva para garantir que as crianzas non corran perigo durante os recreos e actividades.

Manterémosvos informados de calquera resposta ou medida que tome o Concello nos vindeiros días. A seguridade dos nosos fillos é a prioridade absoluta de todos.

Atentamente,

A Xunta Directiva da ANPA do CEP DR. Fleming