Xullo 11, 2026

Estimadas familias:

Como sabedes, este Domingo 7 de Xuño, é un día moi especial para a nosa comunidade escolar coa celebración do 1º Cross Fleming. Para que a carreira se desenvolva con total seguridade para todos os participantes, as rúas adxacentes ao colexio sufrirán importantes restricións de tráfico.

Organizar un evento así require o esforzo de moitas persoas, e neste momento é moi importante a colaboración de todos e todas para que sexa un éxito total e os nenos e nenas desfruten ao máximo.

Por iso, pregamos que teñades en conta as seguintes indicacións:

  • Horario do corte: Das 10:00 h ás 14:00 h.
  • Prohibición de circulación: Non se poderá acceder co coche ás rúas do circuíto nin circular por elas durante ese tramo horario.
  • Garaxes: Non se poderá entrar nin saír dos garaxes da zona afectada mentres dure a proba. Se necesitades usar o coche nese horario, lembrade sacalo antes das 10:00 h.
  • Estacionamento: Queda totalmente prohibido aparcar nas rúas sinalizadas polo evento.

⚠️ Nota: Por favor, revisade a sinalización provisional colocada na contorna para evitar que o guindastre municipal teña que retirar ningún vehículo.

Moitas grazas pola vosa comprensión, o voso civismo e, sobre todo, por axudar a que o 1º Cross Fleming sexa unha xornada inesquecible.

Informaros que o ANPA terá unha pequena cantina no Patio para poder mercar algo de Bebida e Comida.

Vémonos o domingo para animar aos nosos corredores!

Unha aperta enorme.

A Xunta Directiva da ANPA